luns, 18 de maio de 2020

Glosario

DIXITALIZANDO A ESTACIÓN METEOROLÓXICA

O alumnado de FPB 2 de electricidade está a traballar na dixitalización da estación meteorolóxica. Neste primeiro paso construirón a parte de toda de datos, que consta de sensor de temperatura, presión atmosférica e humidade, empregando un kit arduino.

POESÍA E METEOROLOXÍA

Nesta actividade realizada co alumnado de 1º ESO tratábamos de acercar a poesía ós fenómenos meteorolóxicos. Traballouse sobre a modificación dun poema de amor de Pedro Salinas, sustituindo sustantivos por outros que tivesen que ver con fenómenos atmosféricos. Otra das actividades realizadas era o recitado de poetas actuales relacionado coa meteoroloxía.

mércores, 26 de febreiro de 2020

Anemómetro

Anemómetro

O alumnado de cuarto da ESO na materia de tecnoloxía constrúe un anemómetro que dá inicio á estratexia AMI Anemoi dentro do marco da UNESCO. Este primeiro paso consiste no deseño e impresión 3D, a construción do circuíto electrónico cun sensor de efecto Hall e a programación no IDE Arduino.



martes, 28 de xaneiro de 2020

RECREACIÓN DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS NO LABORATORIO

Estes experimentos foron levados a cabo na materia de afondamento científico: Recreáronse un tornado, a formación de nubes e a forza exercida pola presión atmosférica. TORNADO NUNHA BOTELLA Con este experimento podemos observar como a presión do aire exerce forza sobre a auga. Ao darlle movemento de rotación á botella, o aire diríxese cara ao eixo central desta, facendo que aire e auga pasen á vez polos tapóns perforados e, como consecuencia, a botella baléirase máis rápido.
NUBE EMBOTELLADA Neste experimento observamos a formación dunha nube no interior dunha botella de cristal. Este proceso prodúcese grazas a que a botella contiña alcol etílico e auga, sustancias con diferente punto de ebullición. Mediante un compresor elevamos a presión dentro da botella ata o momento no que a rolla salta pola presión que exercida polo aire no interior da mesma. Nese instante a variación de presión fai que o alcol se vaporice creando unha nube. Este proceso de variación de presión é o que se observa na atmosfera cos diferentes tipos de nubes (cúmulos, cirros, cumulonimbos, cirroestratos, etc.)
IMPLOSIÓN Unha implosión orixínase cando un corpo oco, como unha lata, sufre unha gran variación de presión. Neste caso empregamos unha lata de refresco que colocamos sobre o lume. Isto provoca que o aire que hai no interior se quente sendo necesario un menor número de partículas para ocupar o mesmo volume. A continuación introducimos a lata en auga fría facendo que o aire do interior descenda repentinamente de volume, co cal dimunúe tamén a presión no interior. Como a lata polo exterior está sometida a presión atmosférica que é maior que a presión no interior da lata, prodúcese o aplastamento da lata no centro, onde é mais débil. Estes cambios de presión obsérvanse diariamente na atmósfera, permitindo o movemento do aire e desprazando anticiclóns (altas presións) e borrascas (baixas presións).

REFRANEIRO DA METEOROLOXÍA

REFRÁNS RELACIONADOS CO TEMPO ATMOSFÉRICO  Nunca choveu que nunca escampara.  Tras o veranciño de San Martiño, chega o Nadal co seu inverniño.  Ceo empedrado aos tres días mollado.  Tarde con arcos, mañá de charcos.  En abril augas mil.  No mes de maio aínda a vella queima o tallo.  No mes de agosto, frío no rostro.  No mes de setembro non hai vella que non queime.  No mes de setembro quen non teña roupa que treme.  Por todos os Santos, os campos están brancos.  Por San Nicolás, a neve no chan  Inverno chuvioso, verán caloroso.  Ceo ovellado aos tres días mollado.  Norte escuro, vendaval seguro.  Gaivotas no porto, tempo revolto.  Arco da vella anoitecendo bo tempo amencendo.  No mes de maio aínda a vella queima o tallo.  Auga de maio non fai dano.  Abril frío, pan e viño.  Cando chove e fai sol anda o demo por Ferrol.  Cando chove e hai lúa anda o trasno pola Coruña.  Se chove por Santa Lucía non hai sardiña.  Vento de San Matías dura corenta días.  Polo Nadal inverno a fartar.  Polo San Andrés a primeira nevada ves.  Tras o veranciño de San Martiño, chega o Nadal co seu inverniño.  Xeada encima de mollado, chove de contado.  Marzo marzal á noite cara de lobo e a mañá, cara de can.  Flores en outono, fame no ano novo.  En xaneiro está o home a carón do outeiro.  Día de Santa Lucía, chuvia unha vez ao día.  Día de neve, día alegre.  Collerás viño mosto, se vendimas en agosto.  Cóbrese o ceo de lá, chuvia pola mañá.  Ano de neves, ano de bens.  Nove meses de inverno e tres de inferno.  Por Santa Teresa, a chuvia trae auga ás présas.  Marzo Ventoso, abril chuvioso fan a maio florido e chuvioso.  Xuño xuñete, nuboso nubosete, se non graniza agonoza.  En xaneiro mete o xornaleiro antes no fin que no primeiro.  Cando marzo maiea, maio marcea.  Cando xaneiro refrega, sobe a marea.  Polo San Vicente, febreiro perde o dente.  Un bo día en febreiro é un ladrón no eido.  Aire galego, mañá claro e día negro.  Cando marzo vén quente, trae o demo no dente.  Canto máis choiva , máis árbores nacen en Noia.  Sol de marzo, pega coma un mazo.  En abril, augas mil e todas as colleitas nun barril.  Xuño brillante, aire abundante.

mércores, 22 de xaneiro de 2020

RECOLLIDA DOS DATOS METEOROLÓXICOS NA ESTACIÓN DO CENTRO

Os datos da estación meteorolóxica son recollidos diariamente polos alumnos e alumnas de FPB de administrativo e electricidade na primeira hora de clase. A continuación eles mesmos son os responsables de subilos ó blog.

martes, 21 de xaneiro de 2020

DATOS METEOROLÓXICOS DIARIOS

Cando se plantexou seguir un ano máis no proxecto meteoescolas, decidimos que os datos que se toman na estación meteorolóxica do centro deberían ser coñecidos por tódolos alumnos e profesores. Por este motivo, e aproveitando a pantalla colocada na entrada principal, ideouse a forma de que nesta pantalla se poidesen visualizar ditos datos a través deste blog. E non so iso, senón que tamén os departamentos de linguas elaboran unha predicción meteorolóxica para o día en curso. Deste xeito podedes atopar a predicción para cada dia en cinco idiomas distintos ( un para cada dia da semana: Inglés, Francés, Castelan, Galego e Portugués).

mércores, 27 de novembro de 2019

VENTOS DO CAMBIO NO CEO DO PEDRA Con este título arranca por terceiro ano consecutivo a participación do IES Pedra da auga no proxecto meteoescolas.

domingo, 30 de xuño de 2019

SEMANA DA CIENCIA EN PONTEAREAS

O Concello de Ponteareas organiza cada ano unha semana da Ciencia, onde os rapaces e rapazas dos centros escolares da vila presentan os seus proxectos de investigación. Este ano os alumnos de 1º da ESO do IES Pedra da Auga presentamos o noso proxecto de investigación sobre o "Galo do tempo" de Portugal. Estas son algunhas das fotos dese evento.
Moitas grazas ó Concello por organizar esta actividade tan interesante e coa que aprendemos e nos divertimos tanto.










TEMPO E SENTIMENTOS

Os rapaces e rapazas de 1º da ESO,  xunto coa orientadora, fixemos un poema meteorolóxico, que fala dos nosos sentimentos en función do tempo nas diferentes estacións do ano. Esperamos que vos guste:


luns, 17 de xuño de 2019

Oca Meteorolóxica creada polo alumnado de Xogos matemáticos de 2º eso:


sábado, 15 de xuño de 2019

SENSOR TERMOSTÁTICO PARA CONTROL DE TEMPERATURA

Aplicación real con un KIT de termostato:

   Se trata de una práctica realizada por los alumnos de 1o Curso del ciclo medio de Sistemas electrotécnicos del Instituto como aplicación real a una práctica del Módulo de Electrónica.

  Dicha práctica consistía en la aplicación de un circuito electrónico a la vida real, con aplicación en nuestro hogar, oficina, aulas, etc. en el que se deba controlar la temperatura ambiental con el fin de conseguir ahorro energético en dichos entornos.

  Para ello se ha estudiado el circuito, su funcionamiento, la función de cada uno de los componentes electrónicos utilizados, la soldadura de los mismos, las pruebas de buen funcionamiento y la comprobación final del mismo.

  Debemos destacar dos componentes fundamentales en el circuito, el SENSOR NTC, que es el detector de la temperatura ambiente, y el POTENCIÓMETRO, con el cual podemos regular la temperatura que queremos mantener en el recinto a controlar. Una vez establecida la temperatura deseada, si el NTC detecta menos temperatura  encenderá una resistencia, o abrirá la electroválvula que permite la entrada de agua caliente que calentará la temperatura, hasta que supere el valor prefijado en cuyo momento desactivará la fuente de calor. Esto lo hemos simulado en el vídeo con una bombilla. Si la temperatura es baja: SE ENCENDERÁ LA BOMBILLA (simulando que estamos calentando el recinto) si la temperatura alcanza el valor prefijado APAGARÁ LA BOMBILLA (simulando que hemos apagado la fuente de calor).

  Este sensor termostático podríamos utilizarlo en el calentamiento de nuestra vivienda, en el control de temperatura ambiente de un aula del Instituto, en una incubadora, etc.

  Podemos ver en esta imagen el esquema electrónico:






Video de simulación de su funcionamiento:












  

martes, 11 de xuño de 2019

velocidade do son

Medida directa da velocidade do son

Para calcular a velocidade do son usamos a fórmula
v = e/t
O espazo (e) medímolo na rúa Trovador Xan García de Guillade entre a curva que hai diante do IES Pedra da Auga (punto A) e o galpón que hai a continuación do centro médico San Miguel (punto B).


 Facendo un pantallazo de Google Maps podemos medir a distancia, que é aproximadamente de 340 metros.

No punto A colocouse un equipo formado por Aisha, Lucía e Antonio, que fixeron sonar un plato de música, e no punto B estaban Sergio e Eva xunto co profe Xabier, quenes mediron o tempo que tardaba o son en chegar ata eles despois de golpear o plato.
Para iso usaron uns prismáticos e o móbil como cronómetro.

Os tempos medidos foron:
1 segundo (Xabier)
1,45 segundos e 1,54 segundos (Sergio)
2 segundos (Eva)


Despois repetimos o experimento no sentido contrario, golpeando un tambor no punto B e medindo en A o tempo de chegada do son.
O tempo foi de 0,9 segundos (Aisha)

Neste segundo experimento observamos que o son do tambor non se escoitaba tan ben como o do platillo a esa distancia.


Estas son as velocidades resultantes:

Xabier: 340 m/s
Aisha e Lucía: 377,8 m/s
Eva: 170 m/s
Sergio: 234,4 m/s  e 220,8 m/s  (calculado por Eva)

O valor atopado en Wikipedia é de 343,2 m/s = 1235,5 km/h a 20ºC cun 50% de humidade e ao nivel do mar.
Tendo en conta que as condicións ambientais non eran exactamente as mesmas e, sobre todo, a dificultade de medir con precisión os tempos do xeito que fixemos, os resultados son bastante aceptables.

Nota: A velocidade do son ten interese en aeronáutica porque representa unha barreira que só os avións a reacción supersónicos son capaces de sobrepasar.

Tamén é de utilidade cando estamos perto dunha totmenta para saber a que distancia se atopa de nós. Nese caso, contando os segundos que hai entre o resplandor do lóstrego e o estoupido do trono e dividindo entre 3, sabemos aproximadamente a distancia en kilómetros.
           

martes, 4 de xuño de 2019

Meteosat

Os alumnos de 4º da ESO de Cultura científica fixemos un traballo sobre o METEOSAT, o seu manexo e utilidade para a predición do tempo meteorolóxico.
Esperamos que vos guste:

luns, 3 de xuño de 2019

Observacions mes de xuño 2019

Finde + luns 3 de xuño
Eva: Menos mal que chove, porque estaba quedando todo seco.
Antonio: O sábado estaba na piscina e notei moita calor.
Alejandro: Este domingo sobre las 4 de la tarde el viento se desplazaba en dirección este. Era aire caliente y no había nubes.
Aisha: Ayer domingo fui al Bom Jesus de Braga (Portugal) y observé que no hacía ni mucho calor ni mucho frío, se estaba bien.

martes, 4
Eva: Hoxe quedeime sorprendida ,por que cando fomos a caseta para a ver canto había de choiva solo puña que habia 2 de auga  ,con todo o que choveu hoxe a primeira hora da mañá.

mércores, 5
Profe: Saín de casa con sandalias porque parecía que ía sair o sol e funme mollando os pés nas charcas que quedaron do que chovera pola noite.

venres, 38 de maio
Alejandro: Hoy poor la mañana observé que a ras de la carretera se levantaba niebla. Estaba frío y casi no había viento.

luns, 10 de xuño
Antonio: el domingo por la tarde estuve jugando al fútbol y noté que se estaba mejor a la sombra.
Lucía: el sábado en Silleda estaba nublado y había corrientes de aire frío muy molestas.

martes, 11 
Sergio: En el patio hay un árbol de ciruelas que la semana pasada estaban verdes y ahora están maduras.

mércores, 12
Alejandro: Hoy por la mañana me metí en una finca con silvas a buscar una pelota y aparte de pincharme observé que por debajo estaba mojado.

xoves, 13
Alejandro: Ayer vi una nube negra en Padróns, se movía muy rápido hacia el noroeste. Llegó a tapar el sol, pero despues volvió a brillar.
Antonio: Ayer en Angoares estaba entrenando a fútbol y había nubes negras. Estaban paradas y parecía que iba a llover pero no sucedió.

venres, 14
Profe: Hoxe pola mañá estaba nublade e facía frío como se estivésemos no inverno. Parece que o refrán "ata o 40 de maio non quites o saio" non debe ser certo, porque estamos a 45 de maio e ainda hai que andar abrigados para non apañar un resfriado. Vai ser que o cambio climático existe ...

fin de semana e luns, 17
Eva: Hoy el cielo está gris y tiene pinta de que va a llover, porque hay como nubes claroscuras.

martes 18
Alejandro: Hoy a la mañana las nubes vevían del suroeste y se dirigían hacia el noreste.
Profe: Estamos a 49 de maio e ainda non podemos quitar o saio. A ver se o cambio climático é maior do agardado.

mércores, 19
Sergio: Estos días está chovendo pero tamén está subindo a temperatura. Isto causa unha sensación de bochorno.
Alejandro: Acabo de darle una patada a una planta y expulsó un montón de polen.







La pluie

Los alumnos de frances de 4º de la ESO del IES Pedra da Auga hicieron un video clip sobre la lluvia en los alrededores del instituto. A partir de la Cancion "La Pluie" de la artista francesa "ZAZ". 

¡Buen trabajo chicos/as! 💖


Vídeo da fraseoloxía galega sobre o tempo_Parte III



Vídeo da fraseoloxía galega sobre o tempo_Parte II


Seguidores

Buscar neste blog