martes, 11 de xuño de 2019

velocidade do son

Medida directa da velocidade do son

Para calcular a velocidade do son usamos a fórmula
v = e/t
O espazo (e) medímolo na rúa Trovador Xan García de Guillade entre a curva que hai diante do IES Pedra da Auga (punto A) e o galpón que hai a continuación do centro médico San Miguel (punto B).


 Facendo un pantallazo de Google Maps podemos medir a distancia, que é aproximadamente de 340 metros.

No punto A colocouse un equipo formado por Aisha, Lucía e Antonio, que fixeron sonar un plato de música, e no punto B estaban Sergio e Eva xunto co profe Xabier, quenes mediron o tempo que tardaba o son en chegar ata eles despois de golpear o plato.
Para iso usaron uns prismáticos e o móbil como cronómetro.

Os tempos medidos foron:
1 segundo (Xabier)
1,45 segundos e 1,54 segundos (Sergio)
2 segundos (Eva)


Despois repetimos o experimento no sentido contrario, golpeando un tambor no punto B e medindo en A o tempo de chegada do son.
O tempo foi de 0,9 segundos (Aisha)

Neste segundo experimento observamos que o son do tambor non se escoitaba tan ben como o do platillo a esa distancia.


Estas son as velocidades resultantes:

Xabier: 340 m/s
Aisha e Lucía: 377,8 m/s
Eva: 170 m/s
Sergio: 234,4 m/s  e 220,8 m/s  (calculado por Eva)

O valor atopado en Wikipedia é de 343,2 m/s = 1235,5 km/h a 20ºC cun 50% de humidade e ao nivel do mar.
Tendo en conta que as condicións ambientais non eran exactamente as mesmas e, sobre todo, a dificultade de medir con precisión os tempos do xeito que fixemos, os resultados son bastante aceptables.

Nota: A velocidade do son ten interese en aeronáutica porque representa unha barreira que só os avións a reacción supersónicos son capaces de sobrepasar.

Tamén é de utilidade cando estamos perto dunha totmenta para saber a que distancia se atopa de nós. Nese caso, contando os segundos que hai entre o resplandor do lóstrego e o estoupido do trono e dividindo entre 3, sabemos aproximadamente a distancia en kilómetros.
           

Seguidores

Buscar neste blog