luns, 29 de xaneiro de 2018

O TEMPO E A BIODIVERSIDADE

Os alumnos de 1º da ESO estamos recopilando datos sobre a biodiversidade no noso centro, e como vai cambiando coas estacións.
Xa fixemos as saídas de outono, e atopamos moitas cousas interesantes:
  • Algún insecto(non moitos, fai moito frío para eles)
  • Moitas arañas(parece que elas non teñen medo ao frío)
  • Algún paxaro (pombas, pardais, ferreiriños, etc)
  • Identificamos as árbores. Temos de folla caduca, coas cores do outono (vermellas, amarelas, marróns...) e as de folla perenne sempre verdes
  • Algún cogomelo, pero poucos este ano
Seguiremos investigando agora no inverno, a ver que diferencias atopamos....

Aquí vos deixamos as fotos do noso traballo.
ATA PRONTO!
















Bea. Puri. O TEMPO E A BIODIVERSIDADE (CC BY-SA)

martes, 23 de xaneiro de 2018

mércores, 17 de xaneiro de 2018

TOMA DE DATOS

Temos boas noticias, pois a caseta xa está rematada, só falta a contrución duns pes para que quede fixa no chan.
Coidamos que en Febreiro comezará a toma de datos.

CRUZANDO FRONTEIRAS - PARTICIPACIÓN NO XX ENCONTRO DE JOVENS CIENTISTAS

A semana pasada asistimos ao XX Encontro Internacional de Jovens Cientistas das escolas asociadas da UNESCO celebrado en Santarem ( Portugal)
Alí presentamos un traballo titulado : "WHEN MARCH BEHAVES LIKE MAY, METEOROLOGICALLY SPEAKING, MAY BEHAVES LIKE MARCH" .
Nel usando as ferramentas que nos proporciona a estatística tramos de demostrar a falsidade ou veracidade do dito " CANDO MARZO MALLEA, MAIO MARCEA".



Encina. CANDO MARZO MALLEA, MAIO MARCEA CC-BY-SA


E este foi o resultado:

Encina. PRESENTACIÓN ESCOLAS UNESCO CC-BY-SA


PARA SABER MÁIS VISITA AS SEGUINTES LIGAZÓN: http://www.agrupamentosabandeira.pt/sitio/index.php/bibliotecas/187-unesco-18
http://www.oribatejo.pt/2018/01/08/xx-encontro-internacional-de-jovens-cientistas-das-escolas-associadas-da-unesco/

Seguidores

Buscar neste blog