sábado, 23 de febreiro de 2019

Experimentos con 1º ESO: O GALO DO TEMPO

Os alumnos de primeiro da ESO seguimos investigando sobre o tempo. Descubrimos un obxecto que non coñecíamos, e que, en teoría, predice o tempo que vai facer. É "o galo de Portugal", que cambia de cor en función do tempo.
Lemos a historia do galo, e parece ser que un peregrino galego salvou a vida porque conseguíu que un galo morto e cociñado cantase. En lembranza a esta fazaña quedou este símbolo do galo portugués.

O día estaba soledao e seco, e o galo estaba de cor azul.

Deixamos o galo na estación meteorolóxica:




Ó día seguinte facía un día nublado e húmido. 
Fomos ver o galo e.....




CAMBIARA DE COR!. Agora estaba rosa.

Qué é o que pasou? Por que o galo cambiou a súa cor? Temos que atopar a explicación científica do funcionamento do galo de portugal. Seguimos investigando e vos manteremos informados...CONTINUARÁ.



venres, 22 de febreiro de 2019

sábado, 16 de febreiro de 2019

Entendendo os infravermellos

Para comprender como se comportan e que son as radiacións infravermellas gocemos deste vídeo. É o primeiro paso para entender a tecnoloxía NDIR que usará o noso sensor K30.

 
MARDUK Ciencia. El espectro electromagnético 4 NASA. En youtube. Licenza youtube estandar



sábado, 9 de febreiro de 2019

NDIR Medida do Dióxido de Carbono

Obxectivos

 

Empregando a técnica de infravermello non dispersivo(NDIR) o alumnado de segundo de bacharelato propón estes obxectivos:
  • Investigar os fundamentos da técnica  de infravermello non dispersivo co sensor K30 para o dióxido de carbono. O sensor poñerase  en funcionamento coa plataforma Arduino. Os datos visualizaranse nunha pantalla lcd con protocolo I2C.
  • Cos datos recolleitos investigarase en profundidade o significado de partes por millón en volume, entendendo ben como a fracción en  masa é a fracción de moles multiplicada pola razón dos pesos moleculares do dióxido de carbono e o aire.
  • Facer unha reflexión profunda do significado do número de Avogadro.

xoves, 7 de febreiro de 2019

Recollida de datos na estación meteorolóxica

Somos os alumnos de 3ºESO e estamos recollendo os datos na caseta meteorolóxica durante todo o curso.




Somos tres grupos:

-Aisha e Lucía: recollemos o percorrido do vento, a néboa e a treboada.

-Antonio e Alejandro: recollemos a temperatura máxima e mínima e orballo.

-Eva e Sergio:  recollemos a chuvia, a escarcha e a neve.

mércores, 6 de febreiro de 2019

Experimentos con 1º ESO

Os alumnos de 1º da ESO realizaron unha práctica sobre o "Efecto Invernadoiro" e analizaron a repercusión das actividades humanas no quecemento global.


Tamén realizaron unha estación meteorolóxica con material reciclado e rexistraron a pluviosidade, temperatura, presión atmosférica e a dirección do vento.

Seguidores

Buscar neste blog