venres, 16 de febreiro de 2018

Robótica, módulo bluetooth

HC-06


 Para comunicar a estación, a través da aplicación móbil, imos empregar o módulo bluetooth HC-06, conéctase como se indica na seguinte imaxe.


Nacho Iriondo. HC-06 (CC BY-SA)

Código para el IDE Arduino.

const int LED=13;
const int BTVcc=10;
char nombre[10]="estación";
char velocidad="4";
char pin[5]="m555";
void setup() {
  pinMode(LED,OUTPUT);
  pinMode(BTVcc,OUTPUT);
  digitalWrite(LED,LOW);
  digitalWrite(BTVcc,HIGH);
  Serial.begin(9600);
  Serial.print("AT");
  delay(1000);
  Serial.print("AT+NAME");
  Serial.print(nombre);
  delay(1000);
  Serial.print("AT+BAUD");
  Serial.print(velocidad);
  delay(1000);
  Serial.print("AT+PIN");
  Serial.print(pin);
  delay(1000);
  digitalWrite(LED,HIGH);
}

void loop() {
 }

QUE ME CONTAS?


      É o título dunha actividade consistente na recollida de refráns típicos da contorna referentes ao tempo meteorolóxico e posterior estudo matemático da veracidade ou falsidade dalgúns deles.
      Os refráns foron recollidos por alumnos de 4º da ESO dun xeito un tanto peculiar, xa que se lles propuxo facer entrevistas a xente da contorna seguindo as especificacións abaixo indicadas:


Explicación do traballo a pedir
Encina. QUE ME CONTAS? CC-BY-SA

Estes foron os resultados: (pincha en cada un deles para escoitalos)

AUDIO DE DE DAVID LAGO
AUDIO DE VERÓNICA MÚJICA
AUDIO DE CRISTINA SÁNCHEZ
AUDIO DE ALEJANDRA BOULLOSA
AUDIO DE SAÚL FERNÁNDEZ
AUDIO DE RAQUEL FERNÁNDEZ
AUDIO DE ANTÍA JUIZ
AUDIO DE ALBA FERNÁNDEZ
AUDIO DE LORENA FARO
AUDIO DE CLAUDIA ÁLVAREZ BARREIRO
AUDIO DE LAURA DOMÍNGUEZ SOUTO 

O NOSO TRABALLO CONTUNUARÁ COA....
....Escolla de dous ou tres destes refráns  para estudiar matemáticamente a veracidade ou falsidade deles.

ATA PRONTO.

SEGUIMOS RECOLLENDO DATOS

Hola seguimos recollendo os datos que nos da a caseta de meteoroloxia e facendo a táboa de temperatura e precipitacións da localidade de Ponteareas

xoves, 15 de febreiro de 2018

Robótica pantalla LCD

CONEXIÓN A ARDUINO


Esta pantalla dános a posibilidade de representar caracteres númericos e letras en dúas filas de 16 posicións cada unha, necesita unha librería para funcionar LiquidCrystal. h, o IDE de Arduino tráea preinstalada.

 Neste esquema apréciase como conectar a pantalla con Arduino, tendo en conta que é necesario un potenciometro de 10K para regular o contraste e unha resistencia de 220 ohmios para acender a retroiluminación da mesma.

Nacho Iriondo. LCD (CC BY-SA)

 CÓDIGO ARDUINO


#include <LiquidCrystal.h>  
#include "DHT.h"       
#define DHTPIN 8     
#define DHTTYPE DHT11       
DHT dht(DHTPIN, DHTTYPE);     
int Humedad=0;     
int Temperatura=0;     
LiquidCrystal lcd(12, 11, 5, 4, 3, 2);   
void setup() {
  dht.begin();      
  lcd.begin(16, 2);    
  lcd.setCursor(4, 0);    
  lcd.print("PROXECTA");     
  delay (2000);         
  lcd.clear();      
  lcd.setCursor(0, 0);      
  lcd.print("Tecnologia ");      
  delay (1000);     
  lcd.setCursor(2, 1);       
  lcd.print("Industrial.I");        
  delay (2000);     
  lcd.clear();         
  lcd.setCursor(0, 0);   
  lcd.print("ESTACION");     
  delay (1000);    
  lcd.setCursor(0, 1);    
  lcd.print("METEOROLOGICA");   
  delay (2000);  
  lcd.clear();     
  }
void loop() {
  Humedad = dht.readHumidity(); 
  Temperatura = dht.readTemperature();   
  lcd.setCursor(0, 0);     
  lcd.print("HUMEDAD");  
  lcd.setCursor(12, 0);    
  lcd.print(Humedad);    
  lcd.setCursor(14, 0); 
  lcd.print("%");       
  lcd.setCursor(0, 1);  
  lcd.print("TEMPERATURA");  
  lcd.setCursor(12, 1); 
  lcd.print(Temperatura);   
  lcd.setCursor(14, 1);  
  lcd.print("C");   
  delay(1000);  
    }

Rapaces traballando

martes, 13 de febreiro de 2018

Robótica sensor DHT11

 Sensor de temperatura e humidade

Coñecementos para poder medir a temperatura e a humidade.

Sensor DHT11 

 O DHT11 é un sensor de humidade e temperatura ambiente, que dá unha saída dixital dos datos. Proporciona números enteiros na súa saída de datos.


Nacho Iriondo. Imagen DHT11 (CC BY-SA)
 
Características técnicas:
  • Rango de medida de temperatura: 0º-60º 
  • Rango de medida de humidade: 20%-90% 
  • Tensión de alimentación: 3,3V a 5V 
  • Tempo de resposta < 0,5s. 
  • Dimensións: 23,5 mm x 12 mm x 5,5 mm.

Conexión a  Arduino

 Imos usar o número 8 para os datos.

Nacho Iriondo. Conexiones del DHT11 (CC BY-SA)

CÓDIGO PARA EL IDE ARDUINO

#include "DHT.h"
#define DATOS 8
#define TIPO DHT11
DHT dht(DATOS, TIPO);
int temperatura = 0;
int humedad = 0;
void setup() {
Serial.begin(9600);
dht.begin();
}
void loop() {  
 humedad = dht.readHumidity();
temperatura = dht.readTemperature();
Serial.print("Humedad: ");            
Serial.print(humedad);
Serial.println("%");                           
Serial.print("Temperatura: ");             
Serial.print(temperatura);
Serial.println("C");             
delay (5000);
}

Alumnos traballando



Nacho Iriondo. DHT11. En youtube.Enlace a licenza.

Robótica

 Robótica educativa e impresión 3D


 Empregamos os coñecementos de robótica e impresión 3D, adquiridos en Tecnoloxía, cos seguintes obxectivos:
  •  Construír unha réplica da estación coa impresora 3D.
  •  Dotar á réplica da estación da electrónica necesaria para medir a temperatura e a humidade. 
  • Monitorar os datos da estación en dispositivos móbiles, para iso creamos unha aplicación coa plataforma do MIT( Instituto Tecnolóxico de Massachusetts) App Inventor, que monitora os datos enviados a través dun módulo bluetooth.
  •  Crear unha comunidade de aprendizaxe ubicua empregando o Social Learning Environment desenvolvido no Laboratorio de Redes da Universidade de Vigo, xunto coa spin- off da UVigo resultante SocialWire Labs, chamada SocialWire.
  • Os alumnos participantes crearán cadanseu PLE e unha PLN empregando ferramentas ALFIN como: Diigo, Feedly, Twitter etc.......no seo da comunidade de aprendizaxe.
  • Facer non centro de ensino unha presentación pública do proxecto na biblioteca.

sábado, 10 de febreiro de 2018

TOMA DE DATOS

             Todo chega e isto non ía ser menos. 
           Por fin, con data do 9 de Febreiro de 2018 podemos dar por inaugurado  o noso rincón de meteoroloxía. A caseta,  que,  por agora dispón de termómetro, barómetro e higrómetro, e o pluviómetro.
            Os rapaces de 3º ESO PMAR coa súa profesora Begoña tomaron os primeiros datos e os pasaron a páxina de meteogalicia.
             Non temos anemómetro e non podemos introducir a velocidade máxima do vento no período, pero, sí somos moi observadores e fixámonos nos meteoros: xeada, orballo, chuvia, neve, tronada.
        Segundo a profesora os rapaces e rapazas participantes estaban moi ilusionados e comprometidos coa súa labor.
                QUE NON DECAIA!
               

XA TEMOS A CASETA METEOROLÓXICA INSTALADA

                 Os alumnos do ciclo de Automoción do IES Pedra da Auga foron os encargados de poñer pes a caseta meteorolóxica e ao pluviómetro. Eles tamén foron os que os fixaron no chan. Aquí temos unha fotiños que resulmen o seu traballo:



Encina. COLOCACIÓN CASETA CC-BY-SA
 Houbo que escoller, cortar, lixar, pintar os tubos que farían de pes.

Encina. COLOCACIÓN CASETA CC-BY-SA
 Logo preparar o terreo ( cabar a botar cemento) no que se colocarían os intrumentos meteorolóxicos.

Encina. COLOCACIÓN CASETA CC-BY-SA
 Facer os buratos cun taladro pard poder fixalos ben no chan con tornillos.

Encina. COLOCACIÓN CASETA CC-BY-SA
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN NESTE PROXECTO. 
BEN MERECEDES UNS APLAUSOS.





Seguidores

Buscar neste blog