Amosando publicacións coa etiqueta Impresión 3D. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Impresión 3D. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de febreiro de 2020

Anemómetro

Anemómetro

O alumnado de cuarto da ESO na materia de tecnoloxía constrúe un anemómetro que dá inicio á estratexia AMI Anemoi dentro do marco da UNESCO. Este primeiro paso consiste no deseño e impresión 3D, a construción do circuíto electrónico cun sensor de efecto Hall e a programación no IDE Arduino.



sábado, 7 de abril de 2018

Cálculos matemáticos.Estrutura.

A estación real é de 400x400x400 mm, a réplica é de 170x170x170 mm. Ao ser as columnas da estación real de 30x30 mm de sección, as medidas  da réplica obtéñense da seguinte igualdade matemática:

As medidas do teito superior calcúlanse así:



A altura das pezas que soportan o teito:

O cálculo da inclinación das pezas de apoio do teito faise usando trigonometria na seguinte imaxe:
Nacho Iriondo. Ángulo.CC-BY-SA

Na seguinte imaxe vemos o teito para comprender o cálculo anterior:

Nacho Iriondo. Teito. CC-BY-SA



mércores, 21 de marzo de 2018

Imprimindo a estación

Na clase co programa Freecad diseñamos as pezas da estructura.

Nacho Iriondo. Diseño Freecad. CC-BY-SA
Co diseño feito facémola impresión.


Nacho Iriondo. Impresión 3D. En youtube. Licenza youtube estándar.

martes, 13 de febreiro de 2018

Robótica

 Robótica educativa e impresión 3D


 Empregamos os coñecementos de robótica e impresión 3D, adquiridos en Tecnoloxía, cos seguintes obxectivos:
  •  Construír unha réplica da estación coa impresora 3D.
  •  Dotar á réplica da estación da electrónica necesaria para medir a temperatura e a humidade. 
  • Monitorar os datos da estación en dispositivos móbiles, para iso creamos unha aplicación coa plataforma do MIT( Instituto Tecnolóxico de Massachusetts) App Inventor, que monitora os datos enviados a través dun módulo bluetooth.
  •  Crear unha comunidade de aprendizaxe ubicua empregando o Social Learning Environment desenvolvido no Laboratorio de Redes da Universidade de Vigo, xunto coa spin- off da UVigo resultante SocialWire Labs, chamada SocialWire.
  • Os alumnos participantes crearán cadanseu PLE e unha PLN empregando ferramentas ALFIN como: Diigo, Feedly, Twitter etc.......no seo da comunidade de aprendizaxe.
  • Facer non centro de ensino unha presentación pública do proxecto na biblioteca.

Seguidores

Buscar neste blog