martes, 28 de novembro de 2017

PRIMEIROS CONTACTOS

O pasado xoves, 23 de novembro, asistimos a xornada informativa que sobre o programa "meteoescolas" tivo lugar en Meteogalicia.
Alí nos ensinaron como manexar os instrumentos de medida ( pluviómetro e termómetro) e como inserir os datos na web.
Déronnos tamén indicacións de como mellorar as nosas actividades. 


Encina. PRIMEIROS CONTACTOS CC-BY-SA

xoves, 16 de novembro de 2017

TODO O QUE APRENDEREMOS

No proxecta "Mirando ao noso ceo" faremos as seguintes actividades_
  • QUE ME CONTAS? Recollida de refráns típicos da contorna referentes ao tempo meteorolóxico e posterior estudo matemático da veracidade ou falsidades dalgúns deles.
  • NUBES DE PLASTILINA Concurso consistente en fotografar nubes e identificar a súa forma cun obxecto da vida cotiá 
  • PARTE METEOROLÓXICO POLILINGÜE NO ARCO ATLÁNTICO Análise meteorolóxica dun período de tempo relevante con implicacións de alumnado de intercambio (francés e inglés).
  • TOMA DE DATOS E INSERCIÓN DOS MESMOS NA PÁXINA DE METEOGALICIA Tomaranse diariamente as temperaturas máxima e mínima, a precipitación e os meteoros observados
  • A BIODIVERSIDADE E O TEMPO Observar e tomar datos dunha sección do patio cada semana e anotar nun caderno como cambia.
  • ROBÓTICA APLICADA construirase unha estación meteorolóxica baseada en ARDUINO  e impresión 3D
  • CANTA QUE NON CHOVE. Concurso musical consistente en compoñer un RAP no que se fale de meteoros
  • TEMPORAIS AMOROSOS Busca de poemas relacionados coa meteoroloxía
  • MITOS E LENDAS Farase un repositorio de mitos e lendas clásicos sobre o tempo
  • O PARARRAIOS. Estudo da influencia dos fenómenos meteorolóxicos no desenvolvemento dos sistemas eléctricos
  • TRIVIAL METEOROLÓXICO.

mércores, 15 de novembro de 2017

MIRANDO AO NOSO CEO

          Mirando ao noso ceo, é o título dun proxecto que pretende facer que a observación dese ceo sexa un costume. sen que isto quede nun só mirar por mirar senón que nos prenda o vermiño de saber que, como, cando, porqué.
           Debemos ter en conta que a idade na que se desenvolven os estudos da E.S.O. é  a máis conflitiva na evolución das persoas. Nela, os alumnos teñen que enfrontarse, dentro dese cambio hormonal e de  desenvolvemento mental á aprendizaxe de materias con contidos de  abstracción que nalgúns casos non son capaces de superar; chegando a botar por terra un esforzo que leva a ese alumno a certa desmoralización da que non é capaz de saír. Ante calquera concepto que supoña un pouco de esforzo sempre xorde a pregunta: para que sirve isto se non o vamos a utilizar nunca?.
            Por iso, facer próximos ós alumnos eses conceptos é esencial. Unha boa maneira de conseguilo son as prácticas de, digamos, "laboratorio". E non cabe dúbida de que a súa contorna é un gran laboratorio. Facerlles observar os cambios que ocorren o seu  redor e conseguir que teñan inquedanza por saber que, como, cando e o porqué deses fenómenos é esencial. E unha boa maneira de observar a súa contorna é  a través dos fenómenos meteorolóxicos.
            Sen esquecer que este proxecto ten dúas funcións destacadas:
    •  Unha pedagóxica e interdisciplinar: a gran cantidade de datos xerados na estación debes de ser usados para estudar, entre outros, o clima da nosa contorna
    • Unha social: o proxecto debe espertar nos alumnos e na sociedade, en xeral, expectación e interese coa difusión dos datos, exposición dos traballos e actividades do mesmo.
         Dende aquí volvo destacar o grande atracitvo que supón participar non proxecto com reclamo para os alumnos que viven dá a día a súa realidade social.
          Aproveitar essas ganas de saber é unha das razóns máis importantes para desenvolver completamente este proxecto.
         Rematarei dicindo que,  neste proxecto que presenta o I.E.S. Pedra da Auga participamos un magnífico equipo de docentes que pretendemos formar grandes investigadores "mirando ao noso ceo".

ESTAMOS ADMITIDOS

         Con data do 10 de Novembro de 2017 publicouse na resolución provisional dos proxectos admitidos para a participación no Plan Proxecta durante o curso 2017/2018 que o noso centro está admitido.
          Porén comezamos a traballar nas actividades que conforman o noso Plan.

Seguidores

Buscar neste blog