Amosando publicacións coa etiqueta QUE ME CONTAS?. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta QUE ME CONTAS?. Amosar todas as publicacións

xoves, 24 de maio de 2018

ESTUDO MATEMÁTICO DOS REFRÁNS RECOLLIDOS NA ACTIVIDADE: QUE ME CONTAS?

Sabemos que para que os resultados do estudo matemático - que supón un tratamento estatístico dos datos - fosen concluintes,  precisaríamos unha morea deles. E non é o caso, xa que a nosa estación apenas é un bebé de 5 meses. Porén, ainda que non podamos este ano facer as conclusións, si que pensamos como realizar o estudo. Para iso supoñemos que temos datos dende o ano 2000 e elaboramos o seguintes plans de traballo para cinco dos refráns recollidos.
 Podédelos ver no seguinte documento:




  Encina. QUE ME CONTAS. CC-BY-SA

martes, 8 de maio de 2018

REFRANS TÍPICOS DA CONTORNA

Despois da investigación feita a modo de entrevista obtivemos os seguintes refráns:
  • De tódolos Santos a Navidad, ou ben chover, ou ben xelar
  • Terminará marzo ventoso e deixará paso a abril chuvioso
  • Si al primer aguacero siembro un mar de frijoles tengo
  • Abril augas mil  e todas caben nun barril
  • Ata o 40 de maio non te quites o saio
  • O sol de marzo queima a dama do palacio
  • Chova en abril e maio ainda que non chova o resto do ano
  • Nunca choveu que non escampara
  • Cando canta o cuco, tan pronto mollado como enxoitado
  • A mal tempo boa cara

venres, 16 de febreiro de 2018

QUE ME CONTAS?


      É o título dunha actividade consistente na recollida de refráns típicos da contorna referentes ao tempo meteorolóxico e posterior estudo matemático da veracidade ou falsidade dalgúns deles.
      Os refráns foron recollidos por alumnos de 4º da ESO dun xeito un tanto peculiar, xa que se lles propuxo facer entrevistas a xente da contorna seguindo as especificacións abaixo indicadas:


Explicación do traballo a pedir
Encina. QUE ME CONTAS? CC-BY-SA

Estes foron os resultados: (pincha en cada un deles para escoitalos)

AUDIO DE DE DAVID LAGO
AUDIO DE VERÓNICA MÚJICA
AUDIO DE CRISTINA SÁNCHEZ
AUDIO DE ALEJANDRA BOULLOSA
AUDIO DE SAÚL FERNÁNDEZ
AUDIO DE RAQUEL FERNÁNDEZ
AUDIO DE ANTÍA JUIZ
AUDIO DE ALBA FERNÁNDEZ
AUDIO DE LORENA FARO
AUDIO DE CLAUDIA ÁLVAREZ BARREIRO
AUDIO DE LAURA DOMÍNGUEZ SOUTO 

O NOSO TRABALLO CONTUNUARÁ COA....
....Escolla de dous ou tres destes refráns  para estudiar matemáticamente a veracidade ou falsidade deles.

ATA PRONTO.

Seguidores

Buscar neste blog