Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de maio de 2018

PARTICIPACIÓN NA III SEMANA DAS CIENCIAS DE PONTEAREAS

O noso proxecto estivo presente na III Semana das Ciencias de Ponteareas
Concretamente no apartado FEIRA DAS CIENCIAS.



Onde os alumnos presentaron a réplica da caseta meteorolóxica feita con impresión 3D , ARDUINO e APP Inventor.

Encina. III SEMANA DAS CIENCIAS CC-BY-SA



Encina. III SEMANA DAS CIENCIAS CC-BY-SA


Encina. III SEMANA DAS CIENCIAS CC-BY-SA

Se queredes saber máis podedes entrar na url:
http://blog.ponteareasvirtual.com/iii-semana-das-ciencias-en-ponteareas/ http://www.farodevigo.es/comarcas/2018/04/07/ponteareas-organiza-tercera-semana-das/1868000.html

mércores, 16 de maio de 2018

PARTICIPACIÓN NO MES DA CIENCIA DA AUGATECA - DOCUMENTAL

Neste vídeo móstrase un resumo dos traballos e actividades feitas no proxecta. O documental será presentado no MES DA CIENCIA organizado pola biblioteca do IES PEDRA DA AUGA.





Plataforma na que se amosan, entre outros,  proxectos de investigación levados a cabo polo centro escolar.

Encina. Mirando ao noso ceo. En youtube. Licenza youtube estándar.

Se queres saber máis vai ó seguinte enlace: http://augateca.blogspot.com.es/

mércores, 17 de xaneiro de 2018

CRUZANDO FRONTEIRAS - PARTICIPACIÓN NO XX ENCONTRO DE JOVENS CIENTISTAS

A semana pasada asistimos ao XX Encontro Internacional de Jovens Cientistas das escolas asociadas da UNESCO celebrado en Santarem ( Portugal)
Alí presentamos un traballo titulado : "WHEN MARCH BEHAVES LIKE MAY, METEOROLOGICALLY SPEAKING, MAY BEHAVES LIKE MARCH" .
Nel usando as ferramentas que nos proporciona a estatística tramos de demostrar a falsidade ou veracidade do dito " CANDO MARZO MALLEA, MAIO MARCEA".



Encina. CANDO MARZO MALLEA, MAIO MARCEA CC-BY-SA


E este foi o resultado:

Encina. PRESENTACIÓN ESCOLAS UNESCO CC-BY-SA


PARA SABER MÁIS VISITA AS SEGUINTES LIGAZÓN: http://www.agrupamentosabandeira.pt/sitio/index.php/bibliotecas/187-unesco-18
http://www.oribatejo.pt/2018/01/08/xx-encontro-internacional-de-jovens-cientistas-das-escolas-associadas-da-unesco/

xoves, 16 de novembro de 2017

TODO O QUE APRENDEREMOS

No proxecta "Mirando ao noso ceo" faremos as seguintes actividades_
  • QUE ME CONTAS? Recollida de refráns típicos da contorna referentes ao tempo meteorolóxico e posterior estudo matemático da veracidade ou falsidades dalgúns deles.
  • NUBES DE PLASTILINA Concurso consistente en fotografar nubes e identificar a súa forma cun obxecto da vida cotiá 
  • PARTE METEOROLÓXICO POLILINGÜE NO ARCO ATLÁNTICO Análise meteorolóxica dun período de tempo relevante con implicacións de alumnado de intercambio (francés e inglés).
  • TOMA DE DATOS E INSERCIÓN DOS MESMOS NA PÁXINA DE METEOGALICIA Tomaranse diariamente as temperaturas máxima e mínima, a precipitación e os meteoros observados
  • A BIODIVERSIDADE E O TEMPO Observar e tomar datos dunha sección do patio cada semana e anotar nun caderno como cambia.
  • ROBÓTICA APLICADA construirase unha estación meteorolóxica baseada en ARDUINO  e impresión 3D
  • CANTA QUE NON CHOVE. Concurso musical consistente en compoñer un RAP no que se fale de meteoros
  • TEMPORAIS AMOROSOS Busca de poemas relacionados coa meteoroloxía
  • MITOS E LENDAS Farase un repositorio de mitos e lendas clásicos sobre o tempo
  • O PARARRAIOS. Estudo da influencia dos fenómenos meteorolóxicos no desenvolvemento dos sistemas eléctricos
  • TRIVIAL METEOROLÓXICO.

mércores, 15 de novembro de 2017

MIRANDO AO NOSO CEO

          Mirando ao noso ceo, é o título dun proxecto que pretende facer que a observación dese ceo sexa un costume. sen que isto quede nun só mirar por mirar senón que nos prenda o vermiño de saber que, como, cando, porqué.
           Debemos ter en conta que a idade na que se desenvolven os estudos da E.S.O. é  a máis conflitiva na evolución das persoas. Nela, os alumnos teñen que enfrontarse, dentro dese cambio hormonal e de  desenvolvemento mental á aprendizaxe de materias con contidos de  abstracción que nalgúns casos non son capaces de superar; chegando a botar por terra un esforzo que leva a ese alumno a certa desmoralización da que non é capaz de saír. Ante calquera concepto que supoña un pouco de esforzo sempre xorde a pregunta: para que sirve isto se non o vamos a utilizar nunca?.
            Por iso, facer próximos ós alumnos eses conceptos é esencial. Unha boa maneira de conseguilo son as prácticas de, digamos, "laboratorio". E non cabe dúbida de que a súa contorna é un gran laboratorio. Facerlles observar os cambios que ocorren o seu  redor e conseguir que teñan inquedanza por saber que, como, cando e o porqué deses fenómenos é esencial. E unha boa maneira de observar a súa contorna é  a través dos fenómenos meteorolóxicos.
            Sen esquecer que este proxecto ten dúas funcións destacadas:
    •  Unha pedagóxica e interdisciplinar: a gran cantidade de datos xerados na estación debes de ser usados para estudar, entre outros, o clima da nosa contorna
    • Unha social: o proxecto debe espertar nos alumnos e na sociedade, en xeral, expectación e interese coa difusión dos datos, exposición dos traballos e actividades do mesmo.
         Dende aquí volvo destacar o grande atracitvo que supón participar non proxecto com reclamo para os alumnos que viven dá a día a súa realidade social.
          Aproveitar essas ganas de saber é unha das razóns máis importantes para desenvolver completamente este proxecto.
         Rematarei dicindo que,  neste proxecto que presenta o I.E.S. Pedra da Auga participamos un magnífico equipo de docentes que pretendemos formar grandes investigadores "mirando ao noso ceo".

Seguidores

Buscar neste blog