martes, 21 de xaneiro de 2020

DATOS METEOROLÓXICOS DIARIOS

Cando se plantexou seguir un ano máis no proxecto meteoescolas, decidimos que os datos que se toman na estación meteorolóxica do centro deberían ser coñecidos por tódolos alumnos e profesores. Por este motivo, e aproveitando a pantalla colocada na entrada principal, ideouse a forma de que nesta pantalla se poidesen visualizar ditos datos a través deste blog. E non so iso, senón que tamén os departamentos de linguas elaboran unha predicción meteorolóxica para o día en curso. Deste xeito podedes atopar a predicción para cada dia en cinco idiomas distintos ( un para cada dia da semana: Inglés, Francés, Castelan, Galego e Portugués).

Seguidores

Buscar neste blog