domingo, 24 de marzo de 2019

Experimentos 1º ESO: O galo do tempo

Os alumnos de 1º ESO investigamos o funcionamento do Galo do tempo que deixamos na estación meteorolóxica.
O galo do tempo é un HIGRÓMETRO, é dicir un instrumento meteorolóxico que mide a humidade do aire, inda que caseiro.

Que é a humidade do aire? Pois é a cantidade de vapor de auga que contén o aire. Unha humidade do 100% quere dicir que ese aire contén a cantidade máxima de vapor de auga que pode conter. Cando hai máis dun 50% de humidade dicimos que a o aire é húmido, e cando hai menos do 50% que o aire é seco.

En Galicia xeralmente o aire é húmido, polo noso clima oceánico.

COMO FUNCIONA O GALO DO TEMPO? Certas substancias químicas cambian de cor coa humidade. Ese é o caso do cloruro de cobalto (II). Preséntase en forma de cristais dunha cor azul intenso cando está seco, e rosa intenso cando está hidratado.


Neste vídeo explícase o funcionamento do galo:

No laboratorio utilizamos o cloruro de cobalto para crear unha tinta invisible, que é de cor rosa e apenas se ve ao pintar ou escribir nun papel de filtro, pero ao secala, cun secador de pelo por exemplo, ponse azul e aperece o debuxo ou a mensaxe come se fora maxia. Estos son algúns dos nosos debuxos:














Seguidores

Buscar neste blog