Esta é a pantalla na que se diseña a interface de usuario. Nela poñemos os componentes que serven para que os usuarios interactúen coa aplicación.
A aplicación móvil permítenos monitorar os datos da nosa estación. O IDE empregado e App Inventor. Vexámos os pasos que levan a acadála.
Está composta por un listpicker(conectar), un botón(desconectar), un cliente de bluetooth e un reloxo, o resto de elementos son etiquetas onde poñer os datos.
Nesta pantalla incluimos os bloques que se corresponde coa programación dos componentes da pantalla de deseño. Imos ir analizando un a un.
Con estos bloques al inicializar a pantalla un, asignamos a propiedade Text das etiquetas e labels o seu valor inicial. Deste xeito no comezo a aplicación danos a información axeitada.
Programamos o evento Beforepicking do listpicker1. A propiedade elements do listpicker1 asignamoslle os nomes e direccións do cliente de bluetooth.
Programamos o evento Afterpicking do listpicker1. Conectamos o cliente de bluetooth co selección realizada no listpicker1, si o cliente de bluetooth esta ben conectado poñemos a true a propiedade TimerAlwaysFires e mostramos na etiqueta correspondente este feito de estar conectado, no caso contrario aparece a información de desconexión.
Declaramos dúas variables. A primeira inicializase a cero, e a que almacena os datos que veñen vía bluetooth, e a segunda e a lista na que se organizan estes datos para ser mostrados nas etiquetas, para a correcta monitorización da estación.
Programamos o evento Timer do clock1. No diseño o TimerInterval do clock1 puxémolo a 900 milisegundos para unha correcta sincronización. Agora temos que facer chegar os datos as etiquetas correspondentes. Comprobamos si el cliente de bluetooth está conectado, os datos recibidos almacenánse nunha lista e son asignados as etiquetas correspondentes. Si non está ben conectado mostramos a mensaxe: "Error de conexión".
Programamos o evento click do botón1, cando é pulsado e se desconecta o bluetooth mostráse nunha etiqueta a palabra:”Desconectado”, e reseteanse o resto das etiquetas.