martes, 13 de febreiro de 2018

Robótica

 Robótica educativa e impresión 3D


 Empregamos os coñecementos de robótica e impresión 3D, adquiridos en Tecnoloxía, cos seguintes obxectivos:
  •  Construír unha réplica da estación coa impresora 3D.
  •  Dotar á réplica da estación da electrónica necesaria para medir a temperatura e a humidade. 
  • Monitorar os datos da estación en dispositivos móbiles, para iso creamos unha aplicación coa plataforma do MIT( Instituto Tecnolóxico de Massachusetts) App Inventor, que monitora os datos enviados a través dun módulo bluetooth.
  •  Crear unha comunidade de aprendizaxe ubicua empregando o Social Learning Environment desenvolvido no Laboratorio de Redes da Universidade de Vigo, xunto coa spin- off da UVigo resultante SocialWire Labs, chamada SocialWire.
  • Os alumnos participantes crearán cadanseu PLE e unha PLN empregando ferramentas ALFIN como: Diigo, Feedly, Twitter etc.......no seo da comunidade de aprendizaxe.
  • Facer non centro de ensino unha presentación pública do proxecto na biblioteca.

Seguidores

Buscar neste blog