venres, 4 de maio de 2018

O TRIVIAL METEOROLÓXICO

O noso alumnado de 2º da ESO, na clase de xogos matemáticos, estivo facendo e buscando as respostas ás tarxetas do Trivial Meteorolóxico.
Aquí un anticipo do resultado final, que o conseguiremos na seguinte clase o próximo mércores día 9 de maio.

Trivial Meteorolóxico on PhotoPeach
Carmen. TRIVIAL METEOROLÓXICO. CC-BY-SA

INFLUENCIA DAS TORMENTAS NAS INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS

 
Heriberto. O PARARRAIOS. CC-BY-SA

mércores, 2 de maio de 2018

PARTE METEOROLÓXICO POLILINGÜE NO ARCO ATLÁNTICO

    Aproveitando unha das borracas que pasou pola nosa comunidade chamada ANA, decidimos elaborar un parte meorolóxico en diferentes idiomas. Para isto contamos coa colaboración dos alumnos de intercambio ( Irlanda e Francia)  que visitaron o noso centro este curso.
     A idea é que os alumnos non só se queden coa emisión do parte en sí senón que traten de entender porque se producen estes fenómenos.

luns, 30 de abril de 2018

DATOS DO MES DE ABRIL


ABRIL 2018 Ponteareas IES. Pedra da Auga


DIA Temperatu
máxima
Temperatu
mínima
Precipitac Rocío
Xeada
Néboa Neve Trebóns
1













2













3 17,5 2,9 15 0 0 0 0
4 18,2 10,6 7 0 0 0 0
5 21,3 7,8 10 0 1 0 0
6

8,9

0 0 0 0
7













8 17,1

50







9 18,6 7,3 25 0 1 0 0
10 13,4 8,5 4 0 0 0 0
11 16,5 1,3 9 0 1 0 0
12 17,5 10,3 1 0 0 0 0
13

9,1

0 0 0 0
14













15 20,2

4 0 0 0 0
16 20,3 6,8 0 0 0 0 0
17 23,7 10,1 0 0 1 0 0
18 28,8 6,6 0 0 1 0 0
19

7,8 0 0 0 0 28
20

10,2 0 0 0 0 0
21













22 31,5











23 31 14,7 0 1 0 0 0
24 32,1 10,9 0 1 0 0 0
25 26,9 8,4 0 1 0 0 0
26 27,3 6 1,5 0 0 0 0
27

9,5

1 0 0 0
28













29 20,8

19







30

4,9









31














xoves, 19 de abril de 2018

O TEMPO NA MITOLOXÍA GREGA

O ser humano sempre amosou interese por comprender e controlar o mundo que o rodeaba, e antes de darlle unha explicación científica aos fenómenos naturais os interpretaría dando cualidades divinas e aparencias humanas . Deste modo existe unha ampla mitoloxía que trataba de explicar estes fenómenos atmosféricos.
Nós desde Cultura Clásica trataremos de coñecer os mitos Gregos relacionados co tempo.

sábado, 7 de abril de 2018

Cálculos matemáticos.Estrutura.

A estación real é de 400x400x400 mm, a réplica é de 170x170x170 mm. Ao ser as columnas da estación real de 30x30 mm de sección, as medidas  da réplica obtéñense da seguinte igualdade matemática:

As medidas do teito superior calcúlanse así:



A altura das pezas que soportan o teito:

O cálculo da inclinación das pezas de apoio do teito faise usando trigonometria na seguinte imaxe:
Nacho Iriondo. Ángulo.CC-BY-SA

Na seguinte imaxe vemos o teito para comprender o cálculo anterior:

Nacho Iriondo. Teito. CC-BY-SA



sábado, 31 de marzo de 2018

App Inventor

Esta é a pantalla na que se diseña a interface de usuario. Nela poñemos os componentes que serven para que os usuarios interactúen coa aplicación. A aplicación móvil permítenos monitorar os datos da nosa estación. O IDE empregado e App Inventor. Vexámos os pasos que levan a acadála. Está composta por un listpicker(conectar), un botón(desconectar), un cliente de bluetooth e un reloxo, o resto de elementos son etiquetas onde poñer os datos.

Nacho Iriondo. Deseño. CC-BY-SA

Nesta pantalla incluimos os bloques que se corresponde coa programación dos componentes da pantalla de deseño. Imos ir analizando un a un.

Nacho Iriondo. Bloques. CC-BY-SA

Con estos bloques al inicializar a pantalla un, asignamos a propiedade Text das etiquetas e labels o seu valor inicial. Deste xeito no comezo a aplicación danos a información axeitada.


Nacho Iriondo. Screen1. CC-BY-SA


Programamos o evento Beforepicking do listpicker1. A propiedade elements do listpicker1 asignamoslle os nomes e direccións do cliente de bluetooth.

Nacho Iriondo. BeforePicking. CC-BY-SA
Programamos o evento Afterpicking do listpicker1. Conectamos o cliente de bluetooth co selección realizada no listpicker1, si o cliente de bluetooth esta ben conectado poñemos a true a propiedade TimerAlwaysFires e mostramos na etiqueta correspondente este feito de estar conectado, no caso contrario aparece a información de desconexión.

Nacho Iriondo. AfterPicking. CC-BY-SA
Declaramos dúas variables. A primeira inicializase a cero, e a que almacena os datos que veñen vía bluetooth, e a segunda e a lista na que se organizan estes datos para ser mostrados nas etiquetas, para a correcta monitorización da estación.

Nacho Iriondo. Variables. CC-BY-SA
Programamos o evento Timer do clock1. No diseño o TimerInterval do clock1 puxémolo a 900 milisegundos para unha correcta sincronización. Agora temos que facer chegar os datos as etiquetas correspondentes. Comprobamos si el cliente de bluetooth está conectado, os datos recibidos almacenánse nunha lista e son asignados as etiquetas correspondentes. Si non está ben conectado mostramos a mensaxe: "Error de conexión".

Nacho Iriondo. Timer. CC-BY-SA
Programamos o evento click do botón1, cando é pulsado e se desconecta o bluetooth mostráse nunha etiqueta a palabra:”Desconectado”, e reseteanse o resto das etiquetas.

Nacho Iriondo. Button1. CC-BY-SA

Seguidores

Buscar neste blog