martes, 13 de febreiro de 2018

Robótica

 Robótica educativa e impresión 3D


 Empregamos os coñecementos de robótica e impresión 3D, adquiridos en Tecnoloxía, cos seguintes obxectivos:
  •  Construír unha réplica da estación coa impresora 3D.
  •  Dotar á réplica da estación da electrónica necesaria para medir a temperatura e a humidade. 
  • Monitorar os datos da estación en dispositivos móbiles, para iso creamos unha aplicación coa plataforma do MIT( Instituto Tecnolóxico de Massachusetts) App Inventor, que monitora os datos enviados a través dun módulo bluetooth.
  •  Crear unha comunidade de aprendizaxe ubicua empregando o Social Learning Environment desenvolvido no Laboratorio de Redes da Universidade de Vigo, xunto coa spin- off da UVigo resultante SocialWire Labs, chamada SocialWire.
  • Os alumnos participantes crearán cadanseu PLE e unha PLN empregando ferramentas ALFIN como: Diigo, Feedly, Twitter etc.......no seo da comunidade de aprendizaxe.
  • Facer non centro de ensino unha presentación pública do proxecto na biblioteca.

sábado, 10 de febreiro de 2018

TOMA DE DATOS

             Todo chega e isto non ía ser menos. 
           Por fin, con data do 9 de Febreiro de 2018 podemos dar por inaugurado  o noso rincón de meteoroloxía. A caseta,  que,  por agora dispón de termómetro, barómetro e higrómetro, e o pluviómetro.
            Os rapaces de 3º ESO PMAR coa súa profesora Begoña tomaron os primeiros datos e os pasaron a páxina de meteogalicia.
             Non temos anemómetro e non podemos introducir a velocidade máxima do vento no período, pero, sí somos moi observadores e fixámonos nos meteoros: xeada, orballo, chuvia, neve, tronada.
        Segundo a profesora os rapaces e rapazas participantes estaban moi ilusionados e comprometidos coa súa labor.
                QUE NON DECAIA!
               

XA TEMOS A CASETA METEOROLÓXICA INSTALADA

                 Os alumnos do ciclo de Automoción do IES Pedra da Auga foron os encargados de poñer pes a caseta meteorolóxica e ao pluviómetro. Eles tamén foron os que os fixaron no chan. Aquí temos unha fotiños que resulmen o seu traballo:



Encina. COLOCACIÓN CASETA CC-BY-SA
 Houbo que escoller, cortar, lixar, pintar os tubos que farían de pes.

Encina. COLOCACIÓN CASETA CC-BY-SA
 Logo preparar o terreo ( cabar a botar cemento) no que se colocarían os intrumentos meteorolóxicos.

Encina. COLOCACIÓN CASETA CC-BY-SA
 Facer os buratos cun taladro pard poder fixalos ben no chan con tornillos.

Encina. COLOCACIÓN CASETA CC-BY-SA
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN NESTE PROXECTO. 
BEN MERECEDES UNS APLAUSOS.





luns, 29 de xaneiro de 2018

O TEMPO E A BIODIVERSIDADE

Os alumnos de 1º da ESO estamos recopilando datos sobre a biodiversidade no noso centro, e como vai cambiando coas estacións.
Xa fixemos as saídas de outono, e atopamos moitas cousas interesantes:
  • Algún insecto(non moitos, fai moito frío para eles)
  • Moitas arañas(parece que elas non teñen medo ao frío)
  • Algún paxaro (pombas, pardais, ferreiriños, etc)
  • Identificamos as árbores. Temos de folla caduca, coas cores do outono (vermellas, amarelas, marróns...) e as de folla perenne sempre verdes
  • Algún cogomelo, pero poucos este ano
Seguiremos investigando agora no inverno, a ver que diferencias atopamos....

Aquí vos deixamos as fotos do noso traballo.
ATA PRONTO!
















Bea. Puri. O TEMPO E A BIODIVERSIDADE (CC BY-SA)

martes, 23 de xaneiro de 2018

mércores, 17 de xaneiro de 2018

TOMA DE DATOS

Temos boas noticias, pois a caseta xa está rematada, só falta a contrución duns pes para que quede fixa no chan.
Coidamos que en Febreiro comezará a toma de datos.

CRUZANDO FRONTEIRAS - PARTICIPACIÓN NO XX ENCONTRO DE JOVENS CIENTISTAS

A semana pasada asistimos ao XX Encontro Internacional de Jovens Cientistas das escolas asociadas da UNESCO celebrado en Santarem ( Portugal)
Alí presentamos un traballo titulado : "WHEN MARCH BEHAVES LIKE MAY, METEOROLOGICALLY SPEAKING, MAY BEHAVES LIKE MARCH" .
Nel usando as ferramentas que nos proporciona a estatística tramos de demostrar a falsidade ou veracidade do dito " CANDO MARZO MALLEA, MAIO MARCEA".



Encina. CANDO MARZO MALLEA, MAIO MARCEA CC-BY-SA


E este foi o resultado:

Encina. PRESENTACIÓN ESCOLAS UNESCO CC-BY-SA


PARA SABER MÁIS VISITA AS SEGUINTES LIGAZÓN: http://www.agrupamentosabandeira.pt/sitio/index.php/bibliotecas/187-unesco-18
http://www.oribatejo.pt/2018/01/08/xx-encontro-internacional-de-jovens-cientistas-das-escolas-associadas-da-unesco/

Seguidores

Buscar neste blog