luns, 29 de xaneiro de 2018

O TEMPO E A BIODIVERSIDADE

Os alumnos de 1º da ESO estamos recopilando datos sobre a biodiversidade no noso centro, e como vai cambiando coas estacións.
Xa fixemos as saídas de outono, e atopamos moitas cousas interesantes:
  • Algún insecto(non moitos, fai moito frío para eles)
  • Moitas arañas(parece que elas non teñen medo ao frío)
  • Algún paxaro (pombas, pardais, ferreiriños, etc)
  • Identificamos as árbores. Temos de folla caduca, coas cores do outono (vermellas, amarelas, marróns...) e as de folla perenne sempre verdes
  • Algún cogomelo, pero poucos este ano
Seguiremos investigando agora no inverno, a ver que diferencias atopamos....

Aquí vos deixamos as fotos do noso traballo.
ATA PRONTO!
















Bea. Puri. O TEMPO E A BIODIVERSIDADE (CC BY-SA)

Seguidores

Buscar neste blog