sábado, 9 de febreiro de 2019

NDIR Medida do Dióxido de Carbono

Obxectivos

 

Empregando a técnica de infravermello non dispersivo(NDIR) o alumnado de segundo de bacharelato propón estes obxectivos:
  • Investigar os fundamentos da técnica  de infravermello non dispersivo co sensor K30 para o dióxido de carbono. O sensor poñerase  en funcionamento coa plataforma Arduino. Os datos visualizaranse nunha pantalla lcd con protocolo I2C.
  • Cos datos recolleitos investigarase en profundidade o significado de partes por millón en volume, entendendo ben como a fracción en  masa é a fracción de moles multiplicada pola razón dos pesos moleculares do dióxido de carbono e o aire.
  • Facer unha reflexión profunda do significado do número de Avogadro.

xoves, 7 de febreiro de 2019

Recollida de datos na estación meteorolóxica

Somos os alumnos de 3ºESO e estamos recollendo os datos na caseta meteorolóxica durante todo o curso.




Somos tres grupos:

-Aisha e Lucía: recollemos o percorrido do vento, a néboa e a treboada.

-Antonio e Alejandro: recollemos a temperatura máxima e mínima e orballo.

-Eva e Sergio:  recollemos a chuvia, a escarcha e a neve.

mércores, 6 de febreiro de 2019

Experimentos con 1º ESO

Os alumnos de 1º da ESO realizaron unha práctica sobre o "Efecto Invernadoiro" e analizaron a repercusión das actividades humanas no quecemento global.


Tamén realizaron unha estación meteorolóxica con material reciclado e rexistraron a pluviosidade, temperatura, presión atmosférica e a dirección do vento.

xoves, 24 de xaneiro de 2019

TRIVIAL METEOROLÓXICO VIDEO

Un video da partida do trivial

TRIVIAL METEOROLÓXICO

Como o pasado curso non tivemos moito tempo de xogar co trivial que fixeron os alumnos/as, este curso retomamos o taboleiro e demais material e xogamos unha partida durante a clase de Xogos Matemáticos de 2º da ESO. Aquí algunhas fotos da partida.

CONTROL TERMOSTÁTICO DE TEMPERATURA AMBIENTAL

PROCESO DE MONTAJE DEL KIT.


Seguidores

Buscar neste blog