sábado, 9 de febreiro de 2019

NDIR Medida do Dióxido de Carbono

Obxectivos

 

Empregando a técnica de infravermello non dispersivo(NDIR) o alumnado de segundo de bacharelato propón estes obxectivos:
  • Investigar os fundamentos da técnica  de infravermello non dispersivo co sensor K30 para o dióxido de carbono. O sensor poñerase  en funcionamento coa plataforma Arduino. Os datos visualizaranse nunha pantalla lcd con protocolo I2C.
  • Cos datos recolleitos investigarase en profundidade o significado de partes por millón en volume, entendendo ben como a fracción en  masa é a fracción de moles multiplicada pola razón dos pesos moleculares do dióxido de carbono e o aire.
  • Facer unha reflexión profunda do significado do número de Avogadro.

Seguidores

Buscar neste blog