xoves, 17 de maio de 2018

MATERIAL DO TRIVIAL METEOROLÓXICO

O alumnado de 2º da ESO, na clase de Xogos Matemáticos, elaborou o material para facer o trivial meteorolóxico.
 Para facer as tarxetas empregamos os paneis da EXPO-METEORO,da páxina www.meteoroloxia.org As fichas fixémolos cunha chincheta e plastilina da que se seca ao aire.
 Os "quesitos", están feitos con tapóns de botellas, e unha pegatina.
Fixemos 6 categorías, de 6 cores:
 Amarelo: Clima e tempo; o clima do pasado.
 Azul: Onde a terra manda no aire. Tempo e lingua.
 Rosa: Magnitudes I e II.
 Marrón: Mapas e observación do tempo.
 Verde: Meteoroloxía extrema e as prediccións meteorolóxicas.
 Naranxa: As nubes e o sol.
 Mirade o video para ver como quedou o material.



Material do trivial meteorolóxico on PhotoPeach
Carmen. TRIVIAL METEOROLÓXICO. CC-BY-SA

Seguidores

Buscar neste blog