xoves, 7 de decembro de 2017

¡¡¡¡ CHOVE !!!!

      Penso que esta debe de ser unha das poucas ocasións nas que os galegos miramos con ledicia a choiva. Ainda que se teña por costume falar do tempo cando non hai nada de que falar, nestes últimos meses non era o caso, xa que o tempo preocupaba , e preocupaba moito. 
      Nos xornais, na tv, na radio...tódolos días se pregaba pola bendita choiva que outros anos non era desexada. Tanta información nos deron que todos pareciamos meteorólogos de profesión ó conxeturar o porque desta seca. O saludo diario empezado cuns "boas, como che vai?", mudouse no : "boas, ¡e segue sen chover!"
       Pois ben, parece que chegou, e quizais non sexa abondo para encher tódolos nosos pantanos, ríos, manantiais, puzos...pero foi suficiente para encher de sorrisos as facianas da xente.
       Bendita auga, que conseguiches ser desexada. 

Seguidores

Buscar neste blog