Mirando ao noso ceo, é o título dun proxecto que pretende facer que a observación dese ceo sexa un costume. sen que isto quede nun só mirar por mirar senón que nos prenda o vermiño de saber que, como, cando, porqué.
Debemos ter en conta que a idade na que se desenvolven os estudos da E.S.O. é a máis conflitiva na evolución das persoas. Nela, os alumnos teñen que enfrontarse, dentro dese cambio hormonal e de desenvolvemento mental á aprendizaxe de materias con contidos de abstracción que nalgúns casos non son capaces de superar; chegando a botar por terra un esforzo que leva a ese alumno a certa desmoralización da que non é capaz de saír. Ante calquera concepto que supoña un pouco de esforzo sempre xorde a pregunta: para que sirve isto se non o vamos a utilizar nunca?.
Por iso, facer próximos ós alumnos eses conceptos é esencial. Unha boa maneira de conseguilo son as prácticas de, digamos, "laboratorio". E non cabe dúbida de que a súa contorna é un gran laboratorio. Facerlles observar os cambios que ocorren o seu redor e conseguir que teñan inquedanza por saber que, como, cando e o porqué deses fenómenos é esencial. E unha boa maneira de observar a súa contorna é a través dos fenómenos meteorolóxicos.
Sen esquecer que este proxecto ten dúas funcións destacadas:
- Unha pedagóxica e interdisciplinar: a gran cantidade de datos xerados na estación debes de ser usados para estudar, entre outros, o clima da nosa contorna
- Unha social: o proxecto debe espertar nos alumnos e na sociedade, en xeral, expectación e interese coa difusión dos datos, exposición dos traballos e actividades do mesmo.
Dende aquí volvo destacar o grande atracitvo que supón participar non proxecto com reclamo para os alumnos que viven dá a día a súa realidade social.
Aproveitar essas ganas de saber é unha das razóns máis importantes para desenvolver completamente este proxecto.
Rematarei dicindo que, neste proxecto que presenta o I.E.S. Pedra da Auga participamos un magnífico equipo de docentes que pretendemos formar grandes investigadores "mirando ao noso ceo".