luns, 18 de maio de 2020

Glosario

DIXITALIZANDO A ESTACIÓN METEOROLÓXICA

O alumnado de FPB 2 de electricidade está a traballar na dixitalización da estación meteorolóxica. Neste primeiro paso construirón a parte de toda de datos, que consta de sensor de temperatura, presión atmosférica e humidade, empregando un kit arduino.

POESÍA E METEOROLOXÍA

Nesta actividade realizada co alumnado de 1º ESO tratábamos de acercar a poesía ós fenómenos meteorolóxicos. Traballouse sobre a modificación dun poema de amor de Pedro Salinas, sustituindo sustantivos por outros que tivesen que ver con fenómenos atmosféricos. Otra das actividades realizadas era o recitado de poetas actuales relacionado coa meteoroloxía.

mércores, 26 de febreiro de 2020

Anemómetro

Anemómetro

O alumnado de cuarto da ESO na materia de tecnoloxía constrúe un anemómetro que dá inicio á estratexia AMI Anemoi dentro do marco da UNESCO. Este primeiro paso consiste no deseño e impresión 3D, a construción do circuíto electrónico cun sensor de efecto Hall e a programación no IDE Arduino.



martes, 28 de xaneiro de 2020

RECREACIÓN DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS NO LABORATORIO

Estes experimentos foron levados a cabo na materia de afondamento científico: Recreáronse un tornado, a formación de nubes e a forza exercida pola presión atmosférica. TORNADO NUNHA BOTELLA Con este experimento podemos observar como a presión do aire exerce forza sobre a auga. Ao darlle movemento de rotación á botella, o aire diríxese cara ao eixo central desta, facendo que aire e auga pasen á vez polos tapóns perforados e, como consecuencia, a botella baléirase máis rápido.
NUBE EMBOTELLADA Neste experimento observamos a formación dunha nube no interior dunha botella de cristal. Este proceso prodúcese grazas a que a botella contiña alcol etílico e auga, sustancias con diferente punto de ebullición. Mediante un compresor elevamos a presión dentro da botella ata o momento no que a rolla salta pola presión que exercida polo aire no interior da mesma. Nese instante a variación de presión fai que o alcol se vaporice creando unha nube. Este proceso de variación de presión é o que se observa na atmosfera cos diferentes tipos de nubes (cúmulos, cirros, cumulonimbos, cirroestratos, etc.)
IMPLOSIÓN Unha implosión orixínase cando un corpo oco, como unha lata, sufre unha gran variación de presión. Neste caso empregamos unha lata de refresco que colocamos sobre o lume. Isto provoca que o aire que hai no interior se quente sendo necesario un menor número de partículas para ocupar o mesmo volume. A continuación introducimos a lata en auga fría facendo que o aire do interior descenda repentinamente de volume, co cal dimunúe tamén a presión no interior. Como a lata polo exterior está sometida a presión atmosférica que é maior que a presión no interior da lata, prodúcese o aplastamento da lata no centro, onde é mais débil. Estes cambios de presión obsérvanse diariamente na atmósfera, permitindo o movemento do aire e desprazando anticiclóns (altas presións) e borrascas (baixas presións).

REFRANEIRO DA METEOROLOXÍA

REFRÁNS RELACIONADOS CO TEMPO ATMOSFÉRICO  Nunca choveu que nunca escampara.  Tras o veranciño de San Martiño, chega o Nadal co seu inverniño.  Ceo empedrado aos tres días mollado.  Tarde con arcos, mañá de charcos.  En abril augas mil.  No mes de maio aínda a vella queima o tallo.  No mes de agosto, frío no rostro.  No mes de setembro non hai vella que non queime.  No mes de setembro quen non teña roupa que treme.  Por todos os Santos, os campos están brancos.  Por San Nicolás, a neve no chan  Inverno chuvioso, verán caloroso.  Ceo ovellado aos tres días mollado.  Norte escuro, vendaval seguro.  Gaivotas no porto, tempo revolto.  Arco da vella anoitecendo bo tempo amencendo.  No mes de maio aínda a vella queima o tallo.  Auga de maio non fai dano.  Abril frío, pan e viño.  Cando chove e fai sol anda o demo por Ferrol.  Cando chove e hai lúa anda o trasno pola Coruña.  Se chove por Santa Lucía non hai sardiña.  Vento de San Matías dura corenta días.  Polo Nadal inverno a fartar.  Polo San Andrés a primeira nevada ves.  Tras o veranciño de San Martiño, chega o Nadal co seu inverniño.  Xeada encima de mollado, chove de contado.  Marzo marzal á noite cara de lobo e a mañá, cara de can.  Flores en outono, fame no ano novo.  En xaneiro está o home a carón do outeiro.  Día de Santa Lucía, chuvia unha vez ao día.  Día de neve, día alegre.  Collerás viño mosto, se vendimas en agosto.  Cóbrese o ceo de lá, chuvia pola mañá.  Ano de neves, ano de bens.  Nove meses de inverno e tres de inferno.  Por Santa Teresa, a chuvia trae auga ás présas.  Marzo Ventoso, abril chuvioso fan a maio florido e chuvioso.  Xuño xuñete, nuboso nubosete, se non graniza agonoza.  En xaneiro mete o xornaleiro antes no fin que no primeiro.  Cando marzo maiea, maio marcea.  Cando xaneiro refrega, sobe a marea.  Polo San Vicente, febreiro perde o dente.  Un bo día en febreiro é un ladrón no eido.  Aire galego, mañá claro e día negro.  Cando marzo vén quente, trae o demo no dente.  Canto máis choiva , máis árbores nacen en Noia.  Sol de marzo, pega coma un mazo.  En abril, augas mil e todas as colleitas nun barril.  Xuño brillante, aire abundante.

Seguidores

Buscar neste blog